As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal da internet https://marinainmaterial.eu (en diante, o “Portal’) que Ouvirmos S.L. pon a disposición dos usuarios da internet.

O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, Ouvirmos S.L non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.

Ouvirmos S.L. non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

Ouvirmos S.L. non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.

Ouvirmos S.L resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade de Ouvirmos S.L.

A reprodución, distribución, comercialización ou modificación non autorizada de todos eles constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual.

Queda prohibida en calquera circunstancia ou desnaturalización do contido da información. O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.

Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.

Privacidade

Coa súa navegación, vostede presta o consentimento para recibir as cookies que utiliza o Portal, que en ningún caso empréganse para recoller información de carácter persoal. Son de dous tipos:

Cookies propias: son enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente por Ouvirmos S.L que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas cookies son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do Portal por parte do usuario.