Rafael Quintía
Antropólogo, economista, escritor e documentalista dedicado á investigación, formación e divulgación nos ámbitos da antropoloxía e da historia de Galicia. Céntrase principalmente no estudo do patrimonio inmaterial. Dende 1990 dedícase ao asociacionismo e ao activismo sociocultural, sendo presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) e vicepresidente da Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural.
Está en marcha unha investigación sobre os lugares destes territorios vinculados a mitos, lendas ou tradicións. Os resultados desta investigación recolleranse nun libro e difundiranse a través de conferencias en cada concello.
Mércores, 28 xuño BARREIROS
Conferencia. Lendas e lugares míticos de Barreiros.
Espectáculo. A fábula + os monicreques
LUGAR: Punta do Castro [ ver StreetView ]
Venres, 30 xuño ALFOZ E VALADOURO
Conferencia. Lendas e lugares míticos de Alfoz e Valadouro.
Espectáculo. Ritos da fertilidade + cello&electronics
LUGAR: Capela de Santa Filomena do Cadramón [ ver StreetView ]
Venres, 28 xullo CERVO
Conferencia. Lendas e lugares míticos de Cervo
Espectáculo. Mito Cristián + videocreación
LUGAR: Capela Antiga de Santa Eufemia de Trasbar [ ver StreetView ]
Xoves, 27 xullo XOVE
Conferencia. Lendas e lugares míticos de Xove
Espectáculo. Barca da pedra + gaita&acordeón
LUGAR: Ruínas de San Tirso de Portocelo [ ver StreetView ]
Mércores, 26 de Xullo TRABADA
Conferencia. Lendas e lugares míticos de Trabada
Espectáculo. Megalitismos + danza contemporánea
LUGAR: Marco da Pena Verde [ ver StreetView ]