speaker-photo

TRABADA

O Marco da Pena Verde.

Trabada é un verdadeiro paraíso, cos seus bosques autóctonos, o seu patrimonio histórico e as súas lendas centenarias. Un dos seus elementos máis característicos é este monumento megalítico de 5.000 anos de antigüidade.

O que non se sabe é que este monumento foi transportado na cabeza dunha vella mentres comía unhas castañas cocidas coa pel, coñecidas pola zona como "zamelgos". Se algún miliario en Galicia é xa sagrado, este aínda o é máis, xa que foi portado por aquela prodixiosa vella milenaria e tamén garda un tesouro dos mouros soterrado debaixo. As castañas están relacionadas coa morte nas culturas tradicionais, por iso se celebran os magostos na honra dos defuntos. Cando as castañas se asan, déixase unha sen cortar para rebentar e, ao rebentar, leva unha alma do purgatorio ao ceo. Do mesmo xeito, cando liberamos os gases que produce a súa inxestión, estamos contribuíndo a liberar as almas do purgatorio.